Federaciones
Inicio > Federaciones >
 

Obituario


Comunicado del PCG ante el fallecimiento de José Chapela


PC Galicia / 27 jul 16

Onte deixábanos José Chapela “Chimé”, primeiro alcalde da Cangas do Morrazo na restauración da democracia. Primeiro alcalde comunista.

Nun momento onde a carácter líquido dos tempos políticos e a súa velocidade fan máis imprescindible a militancia real, botar a vista cara atrás e ver o exemplo de centos de mulleres e homes como Chimé, debe facernos reflexionar sobre a importancia da xenerosidade de quen adica a súa vida á noble tarefa de tratar de mellorar a vida das demais e quen, ademais, faino no camiño con outras e outros diferentes.

O camarada José Chapela foi alcalde co apoio das outras forzas da esquerda e do nacionalismo que concorrían ás eleccións municipais de 1.979 facendo fronte así á primeira forza naqueles comicios, a UCD. Convertíase, entón, nun dos moitos alcaldes que o PCE obtivo nese proceso.

Avogado de profesión, aportounos, probablemente como un dos puntos máis significativos de esa etapa, entre moitas outras cousas, a participación das veciñas e veciños nos plenos e permanentes municipais. E o convencemento de que a política municipal transcendía o ámbito cotiá do próximo para subsumirse no todo dunha globalización capitalista que fai, precisamente, imposible a práctica democrática das e dos cidadáns coma suxeitos de dereito.

Do local ao global para pelexarmos polo “para todos, todo”.

Gracias camarada!!

 
Recomienda esta web
Correo-e
PCE
Inicio | Favoritos | Contacto | Mapa | Ayuda | Afiliaciones | Lta Correo |
Optimizado a 800 x 600 pixeles