Federaciones
Inicio > Federaciones >
 

Galicia


Resolución do Comité Executivo do Partido Comunista de Galicia: proceso de referendo entre a militancia de Esquerda Unida para avanzar nunha coalición de esquerda anticapitalista en Galicia


Partido Comunista de Galicia / 11 sep 12

Diante do proceso de referendo entre a militancia de Esquerda Unida para avanzar nunha coalición de esquerda anticapitalista en Galicia aprobada polo CPN de EU, o PCG quere expresar:

- A súa profunda aposta por fortalecer procesos de converxencia tal e como recollen os acordos do XI Congreso do PCG, XVIII Congreso do PCE e a Conferencia Política celebrada en xuño de 2012 en cuxa resolución final suliña: “Construir un bloque democrático para unha saída social á crise…. para o PCE, a máxima prioridade debe ser construir a alianza social capaz de impoñer unha saída democrática á crise, saída que se pode expresar como “rescatar as persoas e os servizos públicos, non aos bancos”. As situacións de excepcionalidade e emerxencia social como a actual requiren de pasos decididos en prol da converxencia social.

- A coincidencia con EU de que a proposta programática ten que ter como base estructural unha aposta ideolóxica netamente anticapitalista, cun eixo vertebrador que pase por reivindicar o valor do traballo como base da recuperación da economía, como elemento xerador de riqueza, fronte á especulación como base do enriquecemento duns poucos.

- Que é posible ampliar esa converxencia a unha forza do nacionalismo de esquerda que comparte con nós a defensa do dereito de autodeterminación, unha aposta histórica do PCE desde 1921, para logo defender posturas converxentes ou diverxentes coa proposta de estado republicano, federal e solidario que dende vello figura na proposta do PCG e EU.

- Que valora moi positivamente que todo o proceso de negociación, os acordos e aspectos formais do pacto electoral que se artellaron sexan sometidos a referendo da militancia de EU, instrumento que forma parte da proposta de democracia avanzada e participación de EU e que debera primar nas forzas que se din democráticas. O PCG saúda especialmente o acordo programático o na configuración das candidaturas

- Que as alertas do goberno do PP sobre o tradicional “perigo comunista”, visibles nas declaracións do Presidente e do Conselleiro da Presidencia, amosa a súa preocupación pola irrupción decisiva no Parlamento de Galicia da esquerda real e anticapitalista. Neste sentido, o goberno da Xunta xa valorara con anterioridade a posibilidade desa coalición á hora de establecer o adianto electoral, acurtando os prazos para que as diferentes forzas con afán e vontade de establecer diálogo político tiveran escaso marxe para traballar sen presións e con todos os procesos e marcos de participación necesarios. Para o PCG non vai a ser esta dereita destructora de dereitos democráticos e sociais a que marque a axenda política da esquerda alternativa en Galicia polo que chama ao traballo e esforzo dos e das militantes do PCG nestes días a traballar no debate amplo, na toma de decisións e especialmente en expresar a súa posición mediante o voto no referendo.

- O PCG traslada a súa felicitación ao Consello Político Nacional de EU e ao conxunto da militancia de EU por converter o noso proxecto en espello de esperanza onde miles de galegos e galegas se miran e se identifican.

 
Recomienda esta web
Correo-e
PCE
Inicio | Favoritos | Contacto | Mapa | Ayuda | Afiliaciones | Lta Correo |
Optimizado a 800 x 600 pixeles