Federaciones
Inicio > Federaciones >
 

Comité Ejecutivo del Partido Comunista de Galicia


Declaración del Comité Ejecutivo del PCG


Comité Ejecutivo del PCG / 26 may 04

Europa constitúe xa un espacio político onde se acordan cuestións decisivas para o benestar social e a cohesión territorial das nosas sociedades. A laboura d@s comunistas é inequívoca:

Impulsar políticas favorables á inmensa maioría das poboacións europeas,políticas que se recollen no programa electoral de IU e que políticamente se van canalizar a traverso do noso grupo parlamentario da Izquierda Unitaria Europea-Izquierda Verde Nórdica, e da nosa integración no Partido Europeo da Esquerda.

A conxunción dun programa político de esquerdas e o magnífico traballo realizado polos que ata o de agora foron os representantes de IU no Parlamento europeo son os avais con os que @s comunistas ímonos presentar ante o mundo do traballo, o feminismo, o ecoloxismo e o movemento pacifista para xunto a eles construir unha Europa antagónica a actual, unha Europa capaz de encarnar un contrato social onde se profundicen os contidos democráticos, de xustiza social e de paz.

O PCG reafirma nas súas análises e co seu traballo a súa nidia vocación europeísta, congruente co noso fondo internacionalismo proletario. Como fixemos sempre e como seguimos a facer, @s comunistas galegos do PCG comprometemos o noso traballo e coñecemento misturados cunha pinga de entusiasmo para propiciar o mellor resultado para EU-IU, o movemento político e social que exemplifica a aposta unitaria no programático e ideolóxicamente plural na que seguimos a entregar o mellor de nós; traballo e propostas coa que @s comunistas tentamos cambiar a correlación de forzas a nivel europeo a prol das forzas políticas, sociais e culturais que sosteñen que outra Europa é posible.

 
Recomienda esta web
Correo-e
PCE
Inicio | Favoritos | Contacto | Mapa | Ayuda | Afiliaciones | Lta Correo |
Optimizado a 800 x 600 pixeles